Xa está nas rúas o agardado novo disco de LeilÃa. Logo de seis anos de silencio o grupo de pandeireteiras volta con Consentimento (Fol Música), un álbum no que continúan a recuperación de melodÃas tradicionais que lles caracteriza pero no que a música queda máis espida que en anteriores traballos. O pasado xoves 1 de decembro presentaban o traballo na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela e facÃano cun pequeno recital que agora che presentamos.
Segundo explicaron Felisa, Mercedes, Ana, Rosario, Patricia e Montse, compoñentes do grupo, con este novo traballo queren render homenaxe “a todas as mulleres que desde sempre foron creadoras e conservadoras da nosa tradición”, e como exemplo escolleron a Eva Castiñeira, unha cantareira que, como tantas, viron o seu traballo esquecido. “Aparecera no disco Recolleita que publicara Ruada nos anos oitenta, pero non aparecÃa por ningún lado. Pola contra, O Cego dos Vilares, que gravara nese mismo disco, era moi sinxelo de atopar en Internet”, explicaban na presentación. Na mesma liña apuntaron que “hai moitas homenaxes e discos de gaiteiros maiores, pero non acontece o mesmo con pandeireteiras”. A seguir esta liña de reivindicación da voz da muller, o grupo apostou tamén neste traballo por actualizar ese papel de donas creadoras de tradición e convidou a sete poetas, (Mariña Pérez Rei, Ana RomanÃ, Marilar Aleixandre, Ana Amado, Yolanda Castaño, Eva Moreda e Eva Veiga) a achegar letras para melodÃas tradicionais de diferentes temas do disco.
A nivel sonoro, unha das principais peculiaridades de Consentimento é que conta cun menor acompañamento musical. Xoán Porto (tamén produtor do traballo) á guitarra, gaita, acordeón e teclados, Xacobe MartÃnez no contrabaixo e Vadim Yukhnevich no acordeón son todo o apoio ao traballo vocal das seis cantantes. Canda a isto, o grupo apostou por recuperar instrumentos tradicionais de percusión para alén das habituais pandeiretas. Pandeiros, pandeiras de grande tamaño ou castañolas contribúen a crear unha sonoridade diferente doutros traballos.
Para alén do formato CD, o traballo sae publicado tamén como álbum dixital, adquirible en diversas plataformas electrónicas, e Fol Música prevé distribuÃlo tamén en sudamérica.