O mundo da cultura analiza a súa relación co compromiso social

A arte revolucionase

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A Galería Sargadelos de Santiago acolleu onte a primeira dunha serie de iniciativas que pretenden analizar a relación entre a arte e o compromiso social. Xosé Díaz, deseñador de Imago Mundi, os catedráticos Margarita Ledo e Claudio Rodríguez Fer; as directoras das Fundacións Granell e Seoane, Natalia Granell e Silvia Longueira, respectivamente, foron os encargados de abrir un foro de debate sobre a importancia da arte como revulsivo social. As seguintes mesas redondas realizaranse de xeito paralelo a unha exposición que lembra a revolución artística que supuxeron as vangardas, nacidas como resposta a unha opresión política.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Claudio Rodríguez Fer, Galería, Galería Sargadelos, Galicia Hoxe...