As galerías SM Arte, en Lugo, e Arabesque, na Coruña, voltan á actividade mentres abre Fernando Magdalena en Vigo

A abrir as vellas salas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Será a primavera ou algo no ambiente, pero o caso é que este mes de abril están a agromar, ademais das flores, as galerías de arte. Logo de oito anos fechada, Lugo vía renacer, este mesmo luns, a sala SM Arte, que reabría cunha mostra do pintor Luís Antelo. E hoxe, na Coruña, é a galería Arabesque a que se pon en marcha de novo, vinte anos despois da súa última mostra. Desta volta é o pintor Santiago Caneda o encargado de inaugurar o local. Por se fose pouco, en Vigo está prevista mañá a inauguración da galería Fernando Magdalena, que se estrea coa mostra "Básicos".

Máis información na hemeroteca de El Progreso sobre SM ARTE; en La Voz de Galicia sobre Fernando Magdalena e en Galicia Hoxe sobre Arabesque

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Lugo, Vigo, Galerías de arte...