Preséntanse a bienal de Gravado Caixanova e mais a da Deputación de Pontevedra

2006, ano bi

Dúas das principais citas artísticas do país que teñen periodicidade bianual presentáronse este días ao público. Por unha banda a Bienal de Arte de Pontevedra, que organiza a Deputación, quere volta a ollada cara o Cono Sur americano nesta súa XXIX edición. O lema baixo o que esta proposta se porá en marcha no vindeiro mes de xullo será "Off: Movementos Imaxinarios entre Galicia e o Cono Sur". Por outra banda, Caixanova presentaba onte a IX edición da súa Bienal Internacional de Gravado, para a que convocou o premio Julio Prieto Nespereira. Este certame repartirá 16.500 euros en premios entre os mellores traballos neste campo. Tamén para este verán esta prevista a nova edición da bienal Mostra Unión Fenosa.

Máis información sobre a bienal de Pontevedra en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe; sobra a bienal Caixanova en La Voz de Galicia, sobre a mostra Unión Fenosa neste web