As historias de Jaureguizar e Francisco Vidal gañan os premios de narrativa García Barros e Terra de Melide con dúas propostas de xénero negro

Historias en negro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Unha historia de espionaxe e outra sobre o narcotráfico conseguiron levarse os premios Garcia Barros de novela e Terra de Melide respectivamente. Santiago Jaureguizar asina a obra que baixo o título “A fanfarria da carraxe” fai unha parodia das novelas de espionaxe situando a súa acción nos anos 30 en Ribadeo cunha trama sobre servizos secretos internacionais. En “Os pecados capitais” Francisco Vidal desenvolve a súa obra arredor da figura e a vida dun “capo” do narcotráfico ante o que, no seu leito de morte, desfilan personaxes que dan cadansúa visión particular do agonizante. O gañador do premio do Concello da Estrada, Jaureguizar, verá a súa obra publicada pola editorial Galaxia mentres que será Francka Editora quen publicará o libro de Vidal gañador do premio de Melide.

Máis información no weblog de Jaureguizar, Facendo amigos

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jaureguizar, Melide, Xénero, Narrativa...