Dende mañá, o escritor lugués escribirá para a rede un libro de relatos titulado Familia Feliz

Jaureguizar, creando en bytes

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un dos autores da chamada literatura bravú e xornalista lugués, Santiago Jaureguizar, publicará tódolos venres un relato en Vieiros. A obra de Jaureguizar completarase coas aportacións dos lectores.

Tódolos venres, durante os vindeiros dous meses

O libro, titulado Familia Feliz, estará activo dende mañá pola mañán en Vieiros. A obra é interactiva: Jaureguizar escribe os relatos e os lectores poden incluir frases ou enlaces.

Un escritor con marcas bravas

Santiago Jaureguizar ten traballado na crítica musical e na narrativa. É autor dos libros de ficción Fridom Spik, Comendo espaguetis diante da televisión e A rutina corsaria. Identificado co movemento bravú, coproducíu o libro Rock Bravú de Xavier Valiño.


Os primeiros libros electrónicos


Non é a primeira vez que Vieiros acomete unha experiencia deste calibre. O portal foi o promotor do primeiro libro creado integramente na rede en Galicia, Por conto alleo, de Camilo Franco, no que o escritor tiña, por forza, que escribir relatos que contiveran dúas palabras suxeridas polos lectores.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jaureguizar, Bravú, Santiago Jaureguizar, Vieiros...