As empresas do sur de Vigo alíanse para seren competitivas

A liga dos homes tecnolóxicos

Hai uns meses cinco gurús da economía mundial estiveron en Vigo nun seminario ofrecendo claves sobre a competitividade empresarial. Non foi unha xuntanza improvisada, senón que era a punta dun iceberg dun proxecto lento que leva fraguándose durante moito tempo. Unha iniciativa na que están involucrados os principais actores económicos do sur de Pontevedra (desde PSA Peugeot –Citroën ata a Condeferación de empresarios da provincia) e que pretende xuntar innovación e tecnoloxía co obxectivo de ser competitivos. Segundo publica El Correo Gallego os empresarios manterá unha xuntanza na primeira quincena de xullo da que sairá o comité executivo que levará o temón da operación.

Máis información en El Correo Gallego