A Xunta anuncia que retoma as negociacións para mercar a Illa de Cortegada

A illa vólvese pública

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Hai máis de cen anos que a Illa de Cortegada, en Vilagarcía de Arousa, é privada. Pero pode ser que esa situación mude en breve. O conselleiro de Medio Ambiente acaba de anunciar a intención de mercar a illa, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, para convertela en pública e que todo o mundo poida acceder a ela. Cortegada foi un regalo do pobo á Casa Real para que fixera aquí a súa residencia de verán. A finais dos setenta, esta vendeulle a propiedade a unha inmobiliaria . Por outra banda, o Instituto Lucense de Desenvolvemento (Inludes) acaba de concluír a recuperación e a conservación de 15 hábitats no espazo Parga-Ladra-Támoga que se leva facendo desde o 2001 con cargo ao programa Life Nature.

Máis información sobre a Illa de Cortegada en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e sobre a conclusión da recuperación do hábitat lucense en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Life, Vilagarcía de Arousa