A bióloga ferrolá María de los Ángeles Alvariño morre en EEUU con 88 anos

A amiga do plancton

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Ferrol despide estes días a unha das súas habitantes máis ilustres. Trátase da bióloga María de los Ángeles Alvariño que acaba de morrer en California (EEUU) onde residía co seu marido e a súa filla. Naceu en Ferrol onde estudou ata o bacharelato, para ir logo a Madrid a estudar Ciencias Naturais. Especializouse en zooplancton e descubriu 22 especies de organismos mariños. Entre o currículo de María de los Ángeles Alvariño figuran numerosas expedicións, investigacións e publicacións en revistas científicas internacionais así como a Medalla de Prata que lle outorgou a Xunta en 1995.

Mais información no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, EEUU, Bacharelato, Madrid...

Claves

Conceptos