Un centro de documentación e un congreso celebran o XXV aniversario da Asociación de Escritores

Escritores con documento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega cumpre vinte e cinco anos. Unha celebración que non pasará desapercibida porque os seus integrantes queren repensar o seu traballo, o seu papel na sociedade e continuar co traballo iniciado cando se constituíron en 1980. Para facelo teñen previsto dúas actividades: por unha banda, a celebración dun congreso a primeira fin de semana de xuño e, pola outra, a creación dun Centro de Documentación de escritores e de escritoras en lingua galega no que se recollerá material como orixinais de libros, notas ou calquera outro elemento que teña valor documental.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Documental, La Voz de Galicia...