Atrásanse os prazos fixados pola UE na creación da Escola de Teatro de Ourense

Prórroga teatral

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Unión Europea concedeulle ao concello de Ourense un orzamento de catro millóns de euros para crear unha Escola de Teatro que teña unha delegación en Chaves. Segundo a axuda facilitada polo ente europeo o proxecto debería estar redactado a finais de marzo para poder executar as obras entre abril de 2005 e xuño de 2006 e comezar a funcionar no 2007. Conta hoxe La Región que o proxecto da Escola non estará ata o mes de xuño, o que supón un atraso de tres meses. En declaracións feitas polo concelleiro de cultura ourensá, José Araújo, a este xornal, pensa que o atraso non suporá ningún problema porque prevé que se poida pedir unha prórroga. O centro é único en Europa e analizará o mundo teatral desde o punto de vista da creación, produción, distribución, exhibición, formación e contará cun laboratorio de dramaturxia.

Máis información en La Región e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, La Región, Concello de Ourense, Unión Europea...