O Museo do Mar de Vigo adía novamente a súa apertura mentres Ourense acada unha prórroga para a súa Escola de Teatro

Obras con atraso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Museo do Mar de Vigo e a Escola de Teatro de Ourense comparten os continuados atrasos na súa construción. O complexo vigués volve adiar a inauguración da súa exposición permanente, prevista para antes das eleccións municipais desde que Cultura asumiu a súa xestión. ¿Os motivos? Deberán arranxarse unha serie de desperfectos no chan que produciron as obras de reforma. Ademais, a Escola de Teatro de Ourense conseguiu unha prórroga da UE para finalizar o proxecto. Un feito que evitará a perda da achega económica concedida para a realización do edificio.

Máis información sobre o Museo do Mar no Faro de Vigo e na nosa hemeroteca e sobre a Escola de Teatro en La Región e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Culturagalega, Faro de Vigo...

Claves

Conceptos
Lugares