AÃnda non se iniciou e segundo o xornal “La Región” existe a posibilidade de que non se inicie nunca. Falamos da Escola de Teatro de Ourense cuxas obras tiñan que estar finalizadas no pasado mes de xullo. Malia que o concello conta cunha axuda de 4.5 millóns de euros do plan Feder (o 75% do total da obra), a obra adiouse tanto que aÃnda que non se iniciou. De todos os xeitos e segundo publicou o xornal ourensá, o concello ten solicitada unha prórroga de 11 meses sobre a data estipulada pola Unión Europea para a finalización e entrega (xaneiro de 2007). Segundo esta mesma fonte, en outubro saberemos se se lle concede a prórroga para este proxecto único en Europa. Un centro que pretende analizar o mundo teatral desde todas as súas facetas (creación, produción, distribución, exhibición e formación).
Máis información sobre a situación actual en La Región e sobre o proxecto na nosa Máis información sobre a situación actual en hemeroteca