Ourense deberá ter concretado o proxecto de Escola de Teatro en tres meses

Teatro do eixe atlántico

13/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
23 lecturas | Compartido 0 veces
Desde o pasado mes de setembro Ourense acolle as obras de construción da Escola de Teatro do Eixo Atlántico. Un centro que terá unha delegación en Chaves e que pretende acoller un laboratorio de dramaturxia, un centro de documentación; que creará producións teatrais bilingües, un taller de creación de textos teatrais e concederá bolsas de interpretación. Un centro para o que a Unión Europea destinou catro millóns de euros que deberá cumprir os prazos marcados. O primeiro deles acaba do vindeiro mes de marzo, no que deberá estar readactado o proxecto de execución da obra, logo de que sexa adaptado ás obras de construción do Auditorio, situado ao lado da escola.

Máis información na edición de hoxe de La Región

Universo culturagalega.gal

Universos