Un pequeno local no antigo hospicio de Ferrol alberga o máis importante museo sobre natureza que existe en Galicia. Seguindo a tradición das mostras científicas que amosaban curiosidades do mundo animal e vexetal, a Sociedade Galega de Historia Natural amosa unha ampla colección de mostras das máis variadas especies, coa peculiaridade que todo o material provén de doazóns e que non se danou ningún animal para o conseguir.
Cando vara un animal mariño na costa, ademais de se mobilizaren entidades coma Protección Civil ou a Coordinadora para Estudo dos Mamíferos Mariños, desde a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) tamén se poñen en marcha. Unha boa parte dos restos destes animais, desde tartarugas ata baleas, pasando por focas ou arroaces encontran o seu descanso final no museo que esta asociación mantén desde hai anos en Ferrol. O centro naceu da recompilación de material que fixo ao longo de trinta anos por parte de moita xente. Socios e non socios montaron, catalogaron e trouxeron material, explica Xosé Araujo, monitor deste centro. Aínda que a idea de facer unha exposición estaba xa na cabeza de membros da SGHN desde o comezo deste colectivo, xa en 1976, houbo que agardar ata 1984 para abrir o centro na localización actual coa colaboración do Concello de Ferrol. Encontrámonos entón ante un museo que é resultado dunha construción colectiva e desinteresada, na que a totalidade dos seus fondos provén de doazóns e de recuperacións nas que non foi danado ningún ser vivo.
Historias de pezas
Deste xeito, cada peza ten a súa historia, unha persoa detrás que a encontrou. De todas estas historias, son ben curiosas as que explican como se chegou a concentrar neste centro unha colección de mamíferos mariños que comprende a práctica totalidade de especies que se poden encontrar nas nosas costas e mostras das que existen en boa parte de Europa. Hai que pensar en todo que se ten que mover para recuperar un mamífero mariño, porque nós ó final non poñemos un peso, apunta o monitor. A Sociedade Galega de Historia Natural forma parte da rede de varamentos, ao nos mover por aí fomos abrindo portas, somos relativamente coñecidos e chámannos cada vez que aparece algún animal, destaca. Ademais destes casos, as doazóns de particulares tamén compoñen boa parte dos fondos do centro. Temos a colección de cunchas de Montero Gay, de finais do século XIX, que comprende unha cinco mil pezas, outra tamén de cunchas de Xavier Soñora, ou un apartado de fósiles que achegou Adolfo Cuétara, sinala Araújo. Outra fonte destes fondos, ademais dos achados de animais mortos, é o acordo que a SGHN ten cun barco arrastreiro, que envía a este centro algunhas das especies curiosas que quedan presas nas súa sredes.
Limpando os ósos
A preparación dos exemplares que se conservan no centro corre enteiramente por conta dos colaboradores, que foron cos anos perfeccionando o xeito de facer dos cadáveres obxectos de exposición. No caso aparentemente máis complexo, o dos grandes mamíferos mariños, soterrámolos durante case dous anos en area de mina, e logo, dependendo do tipo de oso, bótase auga oxixenada, desengraxante ou outros tratamentos de branqueo, explica Araújo. Todo isto despois de extraer do corpo elementos coma o aceite das baleas. De xeito semellante, con animais pequenos a miúdo se emprega tamén un sistema semellante para os enterrar e limpar posteriormente e expor uns esqueletos que se presentan coma auténticos quebracabezas para expertos. A montaxe das pezas é complicada, pero todo se aprende coa práctica, ademais temos moita xente que son biólogos, aínda que tamén temos moitas montaxes que as fixeron persoas sen titulación, engade.
Outras pezas
Claro que non só hai esqueletos neste museo. Temos unha colección de pegadas única a nivel nacional, tamén amosamos unha colección de defecacións e outros rastros que amosan presenza de animais e aqueles produtos da balea que se empregaban na industria. Os colaboradores do centro teñen aprendido co tempo a desenvolver todo tipo de tarefas de conservación. Desde a taxidermia de paxaros e outros animais pequenos ata a preparación de peles que tamén están expostas. Antes as aves disecadas amosábanse naturalizadas, imitando cando estaban vivas. Agora por unha cuestión de dignidade optamos por poñelas en posición supina ou de lado, non tentamos amosar o paxaro como se estivese vivo. Está morto e está morto, e permite o mesmo que a súa forma e as súas cores se vexan perfectamente, puntualiza o monitor do centro. Peixes, minerais e rochas, a única lura xigante que apareceu en Galicia (de 8,30 metros de lonxitude), coleccións de insectos ou unha quenlla fociñuda son algúns dos exemplares que se poden contemplar neste local de Ferrol. As achegas de traballo voluntario ao museo chegan ao extremo de que ata os estantes nos que se expoñen as pezas foron construídos en grande parte por colaboradores do centro.
A xente e o futuro
A pesar das variacións no grupo de persoas que achega o seu traballo a este centro a colaboración é sempre temporal, sinala Araujo, arredor de doce persoas están habitualmente a traballar no museo. Ás veces hai máis ou hai menos, cando foi o Prestige por exemplo tivemos moita xente. Aínda que pode parecer un equipo pequeno para manter un museo, as cinco mil visitas que recibe este centro cada ano, cunha abondosa presenza de colexios e de visitas guiadas amosan o grado de efectividade deste traballo. A pesar de que existen algúns outros exemplos de museos de Ciencias Naturais, coma o Luís Iglesias da Universidade de Santiago ou o que alberga o Acuario do Grove, a importancia do centro que xestiona a SGHN non ten comparanza no país. Ademais das exposición permanente, ao museo dálle o material para ter exposicións itinerantes que visitan centros de ensino e diferentes locais amosando unha selección de fondos e que mesmo se poden configurar baixo demanda, por exemplo, en lugares onde se queren facer aulas do mar metemos unha maior cantidade de mamíferos mariños sinala Araújo. E é que o centro conta cunha ampla cantidade de fondos non expostos polas limitacións de espazo. Dispomos dunha superficie para exposicións de quince metros por cinco, e claro, temos exemplares coma un esqueleto de balea de dezaoito metros. Non é de estrañar entón que entre os proxectos máis urxentes do museo estea o traslado a un local maior. Algún dos edificios de antigas instalacións militares dos que se fixo cargo recentemente o Concello podería ser o novo local do centro. Mentres, continúan chegando a antigo hospicio de Ferrol animais que encontrarán o seu último descanso nas vitrinas.