A Fundación Martínez Otero entrega os seus premios de deseño

Mobles con capital

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Estrada quere ser capital do moble. Por iso creou unha comisión de traballo formada por integrantes relacionados coa industria do moble nunha mesa de traballo que se reunirá o vindeiro xoves cos responsables do Xestur e do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para discutir o convenio que converterá a Galicia na Cidade do Moble. E tamén na estrada, a Fundación Martínez Otero acaba de entregar os seus premios de deseño. O primeiro Galardón de Deseño Industrial dotado con 6.000 euros foi para o navarro Iñaki Remiro Virto e para o catalán Adriá Guiu polo seu proxecto de estantes con caixóns que chamaron Flat. A Fundación prometeu que porá en marcha bolsas, programas de intercambio, cursos e desenvolvemento de ideas.

Máis información sobre os premios en El Correo Gallego e sobre o convenio en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Correo Gallego, La Voz de Galicia