Unha fundación dependente do concello da Estrada será o provedor de acceso a internet de alta velocidade a toda a parroquia

Cidades 2.0

Ao longo deste ano, os habitantes da Estrada terán acceso a internet de alta velocidade por só 12 euros ao mes. Será posible grazas a que a “Fundación Cultural A Estrada”, dependente do Concello será unha operadora de telefonía, logo de conseguir a licenza que outorga a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT). Entre as iniciativas da Fundación está dotar dunha rede sen fíos na propia localidade e noutras tres áreas (Tabeirós, Sabucedo e o polígono industrial de Toedo). É unha proba piloto que pronto será extensible a todas as parroquias do concello da Estrada e que forma parte do proxecto “A estrada Dixital”, unha iniciativa que o concello cofinancia co Ministerio de Industria.


Máis información en El Correo Gallego e no noso tema