A Estrada inicia os pasos para converterse nunha cidade dixital levando internet a 25 parroquias

Cibertabernas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Desde Agar até Berres, de Matalobos a Sabudeco, en total vintecinco parroquias de A Estrada terán conexión a internet. É o primeiro paso polo que esta localidade pontevedresa se converte en Cidade Dixital. Con esta medida levaranse as novas tecnoloxías aos fogares e ás parroquias. Nas casas será posíbel mediante o plan "Acceda" co que se subvencionará a compra de PC (cuxas solicitudes deberán presentar no centro que o proxecto ten na rúa San Antón en A Estrada), e en cada unha destas parroquias crearanse os "ruralcentros", espazos con catro ordenadores, unha impresora e un escáner que se poderá usar de xeito gratuíto.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, El Correo Gallego

Claves

Entidades
Conceptos