Reclaman o emprego de teléfonos móbiles e a Xunta asina un acordo cos colexios relixiosos para apoiar o idioma

SMS-G

A iniciativa comezou pola proposta dunha clase do instituto Esparís, en Brión, pero na actualidade implica xa a todas as organizacións que organizan o Correlingua. A idea é facer envíos masivos de cartas para reclamar que os teléfonos móbiles permitan ser configurados no noso idioma, unha opción que na actualidade só oferta unha marca. Simultaneamente, o Conselleiro de Educación, Celso Currás, asinaba onte un convenio co representante galego da Federación Española de Relixiosos do Ensino para apoiar o emprego do noso idioma nestes centros privados. O acordo prevé ao emprego de material no noso idioma así como diferentes medidas de divulgación do mesmo entre o profesorado e os alumnos.

Máis información en La Voz de Galicia sobre os móbiles; sobre os centros relixiosos