A totalidade dos grupos parlamentarios apoian o Plan Xeral de Normalización que se presentou onte

Plan de consenso

22/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O conselleiro de Educación, Celso Currás, comparecía onte no Parlamento para presentar oficialmente a agardada proposta do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Ademais do Grupo Popular, o proxecto conseguiu o apoio dos parlamentarios do PSOE e do BNG, que advertiron de que velarán para que se cumpran todas as medidas propostas no texto. O novo Plan Xeral, que prevé 445 medidas a prol do noso idioma, non conta polo de agora cun prazo execución nin cun orzamento. Logo da presentación de onte, esta tarde procederase á votación formal do Plan, que se agarda resulte aprobado por unanimidade.

Máis información en Galicia Hoxe sobre os contidos do plan; sobre a aprobación; en La Voz de Galicia; e na canle galego.org de Vieiros; e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Normalización Lingüística, Educación, Galicia Hoxe...