O conselleiro de Educación anuncia que se ampliará a gratuidade dos libros de texto mentres se aproba o Plan de Normalización

Libros para todos e aprobado para o plan

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os libros de texto serán de balde para todo o ensino obrigatorio nos vindeiros anos, segundo informou onte no Parlamento o conselleiro de Educación Celso Currás. O conselleiro considerou un éxito a fase experimental do sistema de gratuidade que se está aplicar en sexto de primaria e en segundo de ensino secundario. Ademais, Currás anunciou que o seu departamento destinará tres euros por alumno para crear bibliotecas de aula e achegará 600.000 a material bibliográfico. Estes anuncios coincidiron na cámara coa votación pola que finalmente foi aprobado por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), ao que xa anunciaran o seu apoio todos os grupos parlamentarios.

Máis información en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe sobre a gratuidade; sobre o PXNLG; en Diario de Ferrol e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ensino, Ferrol, Bibliotecas...