A Xunta amplía a gratuidade dos libros de texto aos 20.000 alumnos de segundo de ESO

Segundo de balde

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Arredor de vinte mil estudantes de segundo de Ensino Secundario Obrigatorio disporán de libros de balde durante o vindeiro curso. Estes alumnos súmanse aos vinte e tres mil de sexto de primaria que xa os tiveran dentro do programa que iniciou a Xunta o pasado ano. A Consellaría de Educación destinará algo máis de cinco millóns de euros á adquisición de novos manuais e a substituír aqueles que se estragaron durante o curso pasado. Desde este departamento comprometéronse a acelerar o pago aos libreiros que aínda non cobraron os volumes que proporcionaron para o vindeiro ano.

Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema sobre a gratuidade

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ESO, Educación, Consellaría de Educación, Culturagalega...