A Xunta ameaza con emprender accións xudiciais se non se respecta o topónimo A Coruña e inviste 600.000 euros para adquirir material educativo

Aviso e investimento

2/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O conselleiro de Educación, Celso Currás, anunciaba o pasado venres que a Xunta está disposta a acudir aos tribunais se o Concello da Coruña leva á práctica a decisión de facer cooficial o nome en español da cidade. Deste xeito, Currás retráctase das declaracións da pasada semana nas que apuntaba que o seu departamento non tiña competencias sobre esta cuestión. A corporación da Cidade Herculina aprobaba esta mañá a polémica medida, baseándose nas competencias que lle outorga Lei de Grandes Cidades. Tamén estes días coñecemos que a Xunta achegará 600.000 euros aos centros de ensino do país para adquirir material educativo en galego, mentres o goberno Central orzamentou en medio millón de euros a inclusión do noso idioma nos seus webs oficiais.

Máis información sobre a intervención da Xunta en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos sobre os orzamentos para o noso idioma en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Galicia Hoxe, Educación, Goberno Central...