Manuel Moldes e Darío Xohán Cabana son os novos membros da RAG e da Real Academia de Belas Artes

Nomes para as academias

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Manuel Rodríguez Moldes (Pontevedra, 1949) é o último membro en ingresar na Academia de Belas Artes. O pintor pontevedrés ingresou este sábado na academia cun discurso no que deu conta da dificultade que ten o debuxo. Pola súa parte, Darío Xohán Cabana (Roás, Terra Chá, 1952) ingresou na RAG esta fin de semana logo de conseguir 18 votos dos 19 asistentes. O escritor asegurou no Galicia Hoxe que cre que poderá achegar un punto de vista enriquecedor no diccionario lexicográfico que está a elaborar a institución. Xohán Caban ocupa a vacante deixada por Manuel María.

Máis información sobre o nomeamento de Manuel Moldes no Diario de Pontevedra e sobre o de Darío Xohán Cabana en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Darío Xohán Cabana, Manuel Moldes, Belas Artes, Academia de Belas Artes...