Euloxio Ruibal e Darío Xohán Cabana perfílanse como candidatos ás últimas vacantes da RAG

Substitucións académicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As vacantes que deixaron o pasado outono o falecemento de Manuel María e de Meixide Pardo na Real Academia Galega (RAG) cubriranse nas vindeiras sesións plenarias desta institución. Mañá mesmo, segundo explica o xornal “Galicia Hoxe”, presentarase a candidatura de Euloxio Ruibal para ocupar o posto de Meixide Pardo. Para a seguinte sesión, prevista para finais de abril ou comezos de maio, será presentada a proposta de que Darío Xohán Cabana suceda a Manuel María na súa cadeira.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Darío Xohán Cabana, Manuel María, Galicia Hoxe, Real Academia Galega