Euloxio Ruibal representará á dramaturxia no foro da Real Academia Galega como novo académico

A RAG ergue o pano

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O plenario da real Academia Galega reunido o sábado sesión ordinaria decidía por maioría a incorporación de Euloxio R. Ruibal como novo membro da RAG. Ruibal, que pasa a ocupar a vacante deixada polo falecemento de Meixide Pardo, é un recoñecido dramaturgo nacido en Ordes en 1945. O presidente da academia, Xosé Ramón Barreiro, destacou tamén da reunión a presentación dos acordos co Instituto Cervantes para a tradución a diversos idiomas de dez dos principais referentes da literatura galega, así como os preparativos para a celebración do centenario da RAG. Segue vacante na academia o posto de Manuel María para o que en vindeiros meses votarase a incorporación de Darío Xohán Cabana.

Máis información en Galicia Hoxe
e a ficha en Lg3 de Euloxio R. Ruibal

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Euloxio R. Ruibal, Manuel María, Darío Xohán Cabana...