A inmigración frea a caída de habitantes en Galicia

A inmigración positiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Galicia é unha das comunidades do estado que medra máis a modo (unha porcentaxe do 0,33%). É un dos datos que revela o primeiro avance do patrón municipal que vén presentar o INE. Sen embargo, Galicia presentou este ano un saldo positivo de 9.194 habitantes grazas á entrada de inmigrantes (segundo o INE entraron 10.630 persoas, que supón un 18,21%). En todo caso, o peso da inmigración é diferente en Galicia con respecto ao resto do estado. Desde un punto de vista cuantitativo porque supón o 2,5% dos habitantes de Galicia, que está lonxe do 8,4% da media estatal, e desde un punto de vista cualitativo porque é diferente a nacionalidade dos estranxeiros. En Galicia a poboación estranxeira máis populosa vén de Portugal, Colombia e Arxentina, mentres que no estado encabezan a listaxe marroquís e ecuatorianos.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con INE, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Colombia...