Galicia continúa a ter o peor saldo demográfico do Estado Español, a pesar de que se modera o decrecemento vexetativo

Seguimos sen nacer

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A diferenza entre nacementos e mortes no ano 2004 deu en 7.792 persoas menos no país, o que supón unha moderación con respecto ás tendencias dos últimos anos. De calquera xeito, os datos continúan a nos situar á cola do estado en canto a saldo demográfico segundo os datos que achega o Instituto Nacional de Estatística. Das provincias galegas, a Coruña é a que amosa un maior descenso, cunha diferenza de 3.279 habitantes menos entre os que nacen e os que morren, e Pontevedra a única que medra, conseguindo un saldo positivo de 366 habitantes.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Instituto Nacional de Estatística, La Voz de Galicia, Pontevedra...