A inmigración amortigua en Galicia a crise demográfica pero non evita o saldo negativo

Saldo negativo

No ano 2005 en Galicia naceron 21.164 nenos, mentres que morreron 29.376 persoas. Unhas cifras que evidencian un saldo negativo que continúa a liña descendente dos últimos anos. De todos os xeitos, os datos do Movemento Natural da Poboación feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) destacan que hai un leve incremento da taxa de natalidade, malia a que segue a ser insuficiente. Unha situación diferente da que se dá no resto do Estado, onde o aumento da poboación inmigrante elevan o número de nacementos que contén a crise demográfica.

Todos os datos no web do INE e en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia