Os inmigrantes frean a caída demográfica do país

O INE publicou un avance do seu padrón municipal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

No 2007 Galicia gañou 10.567 habitantes, a maior parte deles procedentes da inmigración. Malia que Galicia experimentou unha subida poboacional no pasado ano dun 0.4%, a cifra é, xunto coa de Asturias, a máis baixa de todo o Estado español, que cifra a súa media de crecemento nun 1.9%. En Galicia, o número de estranxeiros xa acada o 3.4% da poboación total do país, unha cifra tamén moi inferior á media española (un 11.3%). Deste xeito, a poboación galega acada a cifra de 2.783.100 habitantes.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con INE, Padrón, Asturias, Medios de comunicación

Claves

Entidades
Lugares