Galicia é a comunidade na que menos medrou a poboación no 2007

A provincia da Coruña lidera o crecemento demográfico do país

Comezamos o 2008 sendo 11.569 habitantes máis que no ano anterior. Galicia medrou en poboación no 2007 segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística sobre o censo dos municipios españois, aínda que porcentualmente tivo o menor crecemento de todo o Estado, só un 0.42%. No final da cola tamén están Asturias (0,49% e Extremadura e o País Vasco 0,71%). Cinco das sete cidades do país subiron de poboación. O crecemento máis notable foi o de Lugo, que gañou 1563 habitantes no 2007 e A Coruña medrou 776 habitantes. Vigo aumentou só en 931 habitantes, Santiago gañou 627 e Pontevedra 547. As perdas rexistráronas Ferrol (485 persoas) e Ourense (129).