En 2009 incrementáronse as liñas de banda larga en Galicia un 10.9%, unha cifra de crecemento superior á media estatal (8.5%). Con todo, a cifra de penetración desta tecnoloxía está nun 20.4%. Iso implica que aínda está lonxe do 24.2% da media estatal. De feito, segundo os datos ofrecidos pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), con datos do ano 2009, seguimos a estar no cuarto posto pola cola. O informe tamén destaca datos positivos, como as boas cifras de número de liñas de móbil contratadas por 100 habitantes, que se sitúa por riba da media estatal.
Galicia incrementa a súa penetración de banda larga pero continúa nos últimos postos do Estado
O informe da CMT sitúanos no cuarto posto pola cola
14 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Conceptos