O premio de poesía Pérez Parallé convértese en plataforma para poetas inéditos en lingua galega

Cos novos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Coa súa décimo oitava edición chegaron moitos cambios nas bases para este premio convocado polo Círculo Mercantil e Industrial "Unidad" de Fene. Esta entidade ven de asinar un convenio co Concello de Fene e coa editorial Espiral Maior que dá a este galardón alcance e promoción, así como un marcado caracter de aposta pola a nova creación poética. Entre os cambios cabe destacar que agora o premio irá para un libro de poemas, antes era para un poema ou conxunto de textos, e que o idioma esixido será o galego. Tamén é destacable que agora ao premio só poderán concorrer autores sen obra publicada, e polo tanto descoñecidos, e que o libro premiado será publicado por Espiral Maior.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espiral Maior, Lingua galega, Poesía, Concello de Fene...