Inícianse os traballos para tratar o fuel que se recolleu logo da marea negra do Prestige

Chapapote en tratamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Máis de dous anos despois da marea negra, a Xunta iniciou onte os traballos para tratar as 78.000 toneladas de fuel que se recolleron do vertido. O primeiro paso, segundo explicou a Consellaría de Medio Ambiente, é trasladar as máis de 35.000 toneladas que se almacenan en Laracha ás instalacións da empresa Sogarisa, especializada en vertidos industriais, onde xa están outras 40.000 toneladas. A Xunta asegurou que cincuenta persoas traballarán ao longo de dezaoito meses para conseguir reciclar parte destes restos e minimizar os efectos nocivos daqueles que non se poidan tratar doutro xeito.

Máis información en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Prestige, Chapapote, Consellaría de Medio Ambiente...