Resoltos os premios Johan Carballeira de xornalismo e poesía e os Minerva para estudantes de secundaria

Cinco premiados

Nunha semana inzada de resolucións literarias cinco persoas veñen de recibir outros tantos premios pola súa escrita. O sábado decidíanse en Bueu os premios Johán Carballeira de Xornalismo e de Poesía que ían a parar ao santiagués Oscar Curros pola reportaxe “Manuel Rivas: O poeta descoñecido” e a Diego Cousillas, de Malpica, polo poemario “Faltas de ortografía”. Na trixésima terceira edición dos Premios Minerva do Colexio Peleteiro de Santiago foi María Rivo, alumna do IES Antón Fraguas, quen levou o primeiro premio de narración polo relato “memoria dos ventos”. A noiesa Berta Dávila do IES Campo San Alberto, obtivo o primeiro premio de poesía pola súa “Pequena serenata de inverno”. A miñense afincada en Barcelona Lura Rodríguez Manso recibiu o galardón Suárez Ferrín que o Instituto de Estudos Políticos e Sociais da Coruña convoca para traballos literarios que exalten valores morais e cívicos da democracia.

Máis información en El Correo Gallego
e en El Ideal Gallego