A morte de Xulio Francisco Ogando deixa aberto o futuro dun dos maiores fondos bibliográficos privados do país

O legado do bibliófilo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Máis de cen mil volumes de dez millóns de fichas acumulados ao longo de toda unha vida de amor polos libros. Para alén das súas obras de investigación, Ogando deixa, logo da súa recente morte, un amplísimo legado bibliográfico. O estudoso estivera xa en tratos coa Deputación de Ourense para crear unha fundación que permitise a conservación e o acceso a este material, sen que se chegase a fechar este proceso. O enterro do académico celebrouse o pasado sábado no panteón familiar de Vilafranca do Bierzo, logo dunha misa que oficiou o bispo Luís Quinteiro na igrexa ourensá da Trindade, e na que estiveron presentes algúns dos máis destacados nomes da cultura do país.

Máis información en La Región e en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, La Región...