Unha mostra cronolóxica da arte ourensá abre o novo Centro Social de Caixanova

Caixanova chega á praza

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ourense acolleu onte a inauguración do terceiro centro sociocultural que Caixanova ten na cidade. Sito na Praza Maior, recupera un edificio deseñado en 1909 polo arquitecto Daniel Vázquez Gulías e ofrece unha mostra cronolóxica sobre artistas ourensás. Acolle un total de 52 obras que van desde o óleo “O afiador” do Antonio Puga, artista que traballou no taller de Velázquez, ata unha escultura de Luís Borrajo titulada “Sobre a curiosidade” e feita este mesmo ano. O acto de inauguración do centro expositivo máis amplo da provincia concentrou a políticos, empresarios e artistas.

Máis información no web da Obra Social de Caixanova, e nos medios: La Voz de Galicia , La Región, Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, La Región, Faro de Vigo, La Voz de Galicia...