Caixanova inaugurará en Vigo a Bienal de Gravado polo atraso nas obras no centro ourensá

B-igo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O 13 de xaneiro comezará en Vigo a exposición da VIII Bienal Internacional de Gravado que organiza Caixanova. O atraso nas obras de rehabilitación do centro cultural que a entidade financeira ten na Praza Maior ourensá impediron que a mostra se inaugurase en Ourense, como é habitual desde que Carlos Quesada crease este evento. Aínda así, a inaguración oficial e a entrega dos premios farase na cidade das Burgas. A data fixada para este evento é o vindeiro 9 de febreiro na Aula de Cultura de Caixanova. Esta edición da bienal conta cun éxito de participación ao ascender o número de obras expostas a 1.553, chegadas de 63 países.

Máis información en La Región

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Vigo, La Región, Ourense...