A Consellaría de Cultura organiza un congreso sobre Xaquín Lorenzo en Ourense

Congreso etnográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os días 22, 23 e 24 de abril son os días da etnografía segundo o legado de Xaquín Lorenzo, o homenaxeado nesta edición no Día das Letras Galegas. O seu traballo é o tema central do congreso que a Consellaría de Cultura organiza no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Tres días nos que se falará dos estudos do Xocas sobre a vida e as actividades rurais que deixou en numerosas fichas etnográficas que alberga hoxe o Museo do Pobo Galego. Para completar a súa figura, a Deputación vén de editar un libro titulado "Patrimonio etnográfico" que recolle as actas dun congreso celebrado en Ourense hai dous anos centrado na figura do Xocas.

Máis información sobre o Congreso en La Región e sobre as fichas que alberga o Museo do Pobo no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xaquín Lorenzo, Xocas, Etnografía, Día das Letras Galegas...