O académico e histórico militante galeguista Francisco Ogando faleceu esta mañá

Falece Francisco Ogando

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xulio Francisco Ogando, membro da Real Academia Galega desde 1980, falecía esta mañá na cidade de Ourense onde residía. O finado, nado en 1913, era licenciado en Filosofía e Letras, participou nas Mocidades Galeguistas durante a Segunda República e era membro das fundacións Otero Pedrayo e Alexandre Bóveda. Desenvolveu un abondoso traballo de investigación histórica en campos coma a bibliofilia e os xuristas e ilustrados do país. O velatorio iniciarase esta tarde no tanatorio da Burgas.

Perfil de Francisco Ogando en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Escritor de topografías

O Consello da Cultura Galega homenaxea ao profesor Francisco Río Barja, gran divulgador da xeografía galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Filosofía e Letras, Segunda República, Galicia Hoxe...