Primeiras declaracións de Barreiro mentras se segue a falar da norma

Norma de nadal

"A celebración do centenario, a normativa do galego e o Día das Letras galegas" son obxectivos da Real Academia Galega para os vindeiros catro anos. Así de claro o deixa, Xosé Ramón Barreiro Fernández (Ribeira, 1936) na primeira entrevista concedida a La Voz de Galicia logo de tomar posesión do seu cargo. Nesa entrevista Barreiro establece que non se poden permitir tres normativas do galego: "a oficial, a lusista e esa intermedia" e que é competencia do plenario abrir o debate novamente. E todo isto, cando os propios xornais continúan a recoller declaracións dun e doutro bando. Nesta ocasión: o académico Xulio Francisco Ogando Vázquez e, do outro lado, o catedrático de filoloxía, membro do ILG e da RAG, Francisco Fernández Rei.

O triple obxectivo do mandato


Acostuma a acontecer que cando alguén toma posesión dun cargo, establece as regras de xogo para o tempo no que estrea o mando. E iso mesmo foi o que fixo Xosé Ramón Barreiro Fernández nunha entrevista concedida ós xornais "La Voz de Galicia" e "La Opinión" nos que deixa ben claros cales serán os obxectivos da academia para os vindeiros catro anos: "A celebración do centenario, a normativa do galego e o Día das Letras Galegas". A isto se lle engade a súa primeira misión como presidente, que foi acudri á Madrid , onde solicitou apoio económico e de difusión para a lingua galega.
Imos por partes. No vindeiro 2005 a RAG cumplirá cen anos, e como coincidirá baixo o mandato que Barreiro acaba de iniciar, xa ten en mente algunhas das actividades e das iniciativas coas que se van a celebrar tan importante data. Aínda que haberá cousas que se darán a coñecer logo de "presentalas no plenario", hai outro actos que xa se poden saber. Son a dixitalización de todos os fondos da biblioteca e do arquivo; un diccionario (con 40.000 ou 50.000 entradas); unha gramática e unha revista aberta, que se chamará posiblemente, "Letras galegas" e que recollerá os fondos arquivísticos inéditos dos grande escritores galegos que temos no arquivo da Academia.
En segundo lugar, e o tema máis espinoso polo que está a pasar a academia actualmente, está o debate da normativa. Neste sentido, Barreiro Fernández apunta en "La Opinión" que "quizais pola forma de presentala, quizais porque non estaba suficientemedura e tamén pola coxuntura política que estabamos a vivir, a Academia foi capaz de discernir axeitada e obxectivamente oque había de positivo nestes cambios". A súa opinión é que non se pode permitir unha situación como a actual e que h aberá que espera un momento axeitado de paz social para retomar o debate. Pero, insiste en "La Voz de Galicia" en que é unha decisión que lle compete ó plenario, non ó presidente.
Por último, Xosé Ramón Barreiro tamén tivo tempo para facer un balance sobre a importancia da celebración do día das letras galegas. Un debta que segundo a súa postura, tamén lle compete ó plenario, aúnque que él, coida que " é necesario darlle un senso distinto".
Ademais, na entrevista a "La Opinión" establece como unha prioridade dentro do seu mandado, a creación da web da RAG, para o que xa existe un convenio co Consello da Cultura Galega, co que se pretende ofrecer unha imaxe máis moderna e achegarse a moita máis xente.






Posturas dun e doutro lado


La Voz de Galicia e El Correo Gallego, respectivamente, tráennos os últimos coletazos relativos á normativa en boca de Francisco Fernández Rei, catedrático de filoloxía, membro do ILG e da RAG; e por outro lado, o académico Xulio Francisco Ogando Vázquez. Fernández Rei fai un repaso polas últimas normas acadadas pola RAG, desde a creación do Instituto da Lingua Galega dese 1971. Un artigo no que o seu autor considera evidente que a falta "un patrón idiomático único é unha pexa grave no proceso de normalización, nun momento en que diminúe de xeito alarmante, a transimisión xeracional do galego e o seu uso social". Nese sentido, Fernández Rei vai facendo un percorrido histórico e lingüísitico pola norma, establecendo que as Normas de 1982, as que hoxe están vixentes, foran aprobadas e gozaron na súa redacción con propostas normativas do ILG, con solucións semellantes ás que se establecían na proposta recén rexeitada. Fernández Rei sintetiza en dúas consdiracións o seu artigo. A primeira, que non acabará cos debates nin coas polémicas, xa que a lingua non é un debate parado, e en segundo lugar, que a RAG ten a a potestade, pero que a autoridade é cousa ben distinta que ten que ir gañando no día a día.
Por outra banda, o académico, Xulio Francisco Ogando Vázquez, establece que considera positivo o diálogo que hai en torno á polémica da lingua, pero non admite que o galego se convirta en dialecto do portugués, xa que considera que a "a lingua galega é a nai do portugués".