Ourense estrea o seu auditorio mentres que a Xunta anuncia a creación doutro en Vigo

Uns veñen e outros van

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os auditorios de Vigo e Ourense son noticia aínda que por motivos diferentes. A cidade das Burgas estreará o seu este domingo, día 31 de abril ás 21:00 horas cun recital a cargo de Josep Carreras. Por outra banda, o vicepresidente primeiro da Xunta anunciou no parlamento que Vigo contará co auditorio-pazo de congresos máis importante de Galicia e co maior investimento da Xunta neste tipo de infraestructura. Un proxecto para o que precisa, segundo figuraba nunha nota de prensa colgada onte no web da Xunta, que Portos do Estado lle venda os terreos que non lle quixo ceder para poder licitar e comezar as obras coa “máxima celeridade”

Máis información sobre o auditorio de Ourense web do concello

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Vigo, Cidade das Burgas