O Congreso dos Deputados aprobou unha Proposición non de Lei para que o Goberno ceda os terreos para a construción do Auditorio de Vigo

¿Que lles pasa aos auditorios?

Vilagarcía, Ourense e Vigo teñen hoxe algo en común. Os auditorios dos tres concellos son noticia, aínda que por motivos diferentes. En Ourense ven de celebrarse unha comisión extraordinaria para debater o borrador do regulamento de uso do centro e que inclúe, entre outras cousas, que se poñan á venda o 70% do aforo nos actos programados polo concello ou o prezo do alugueiro. En Vilagarcía, porque o Concello non cederá o auditorio para instalar unha das sedes da Escola de Bandas de Gaita á Deputación de Pontevedra se esta non chega a un acordo cos grupos da zona sobre o modelo de formación que quere implantar. E en Vigo, porque o Congreso dos Deputados aprobou unha proposición non de lei para que o Goberno ceda os terreos que precisa para a construción do Auditorio.

Máis información sobre o auditorio de Ourense en La Región, sobre o de Vilagarcía en Galicia Hoxe e sobre o de Vigo na edición de hoxe de Atlántico Diario