Narón inicia o seu Pazo da Cultura e Vigo asegura que construirá o auditorio nos terreos previstos

Auditorios en marcha

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O proxecto do Pazo da Cultura de Narón, un edificio orzamentado en máis de seis millóns de euros, foi aprobado onte. O local, que se construirá nuns vinte meses a partir de xullo cubrirá boa parte das necesidades de espazo para actividades culturais da vila. Mentres, en Vigo, a alcaldesa Corina Porro aseguraba esta fin de semana que o Auditorio que o Concello e a Xunta queren construír en terreos portuarios construirase como estaba previsto. A alcaldesa chegou a un acordo con Portos do Estado para adquirir o terreo en 3,5 millóns de euros, logo de que esta entidade se negase a ceder gratuitamente o espazo.

Máis información sobre Pazo da Cultura de Narón en La Opinión; sobre o auditorio de Vigo en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Pazo da Cultura de Narón, La Opinión, Culturagalega...