As personaxes de Disney ilustran o material didáctico para ensinar aos nenos a comer san

Comer co rato

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A loita contra a obesidade comeza mentalizando aos nenos da necesidade dunha dieta sa. Por iso, a Consellaría de Educación vai iniciar unha campaña que chegará a uns 15.000 alumnos de entre oito e dez anos e que leva por título “Aprende a comer, aprende a cociñar. O azucre ensínache o mundo dos alimentos”. Un programa que ten dúas partes: unha primeira para ensinar aos rapaces os valores de cada alimento e a importancia de comer san, para o que teñen editado un libro coas personaxes de Disney; e outra segunda na que os proxectos seleccionados contarán cun cociñeiro que preparará receitas cos cativos.

Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación, La Voz de Galicia