O Instituto Cervantes comeza a impartir galego en Brasil mentres a Mesa anuncia os seus proxectos para o vindeiro ano

Lingua por fora, lingua por dentro

14/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os residentes en Río de Xaneiro poderán estudar este ano galego a través da sede do Instituto Cervantes nesta cidade. Canda a nosa lingua, o centro oferta catalán, vasco e castelán. Mentres, a Mesa pola Normalización anunciou os seus proxectos para o vindeiro ano logo de celebrar o pasado sábado súa Asemblea Xeral. Ademais de velar polo cumprimento do Plan Xeral de Normalización, este colectivo anunciou que centrará os seus esforzos no campo da banca e do ensino, onde queren garantir que se impartan en galego as horas legalmente estipuladas. Finalmente, para o vindeiro mes de abril anúnciase a posta en marcha da anunciada Fundación Vía Galego.

Máis información sobre o galego no exterior en Galicia Hoxe; sobre a asembleia da Mesa en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia e no web da Mesa

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Cervantes, Cervantes, Galicia Hoxe, Brasil...