As entidades bancarias prometen ampliar a súa oferta de produtos en galego mentres se incrementa o orzamento da campaña “Entre nós, en galego”

Máis galego na banca, máis cartos entre nós

15/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A campaña que está a desenvolver a Mesa pola Normalización a prol da galeguización da banca semella que está a dar os seus froito. Ata o oitenta por cento da entidades bancarias que operan no noso país está disposta a ampliar a súa oferta de produtos no noso idioma logo de se entrevistar con responsables desta organización. Mentres, a Consellaría de Educación anunciou que a nova edición da campaña “Entre nós, en galego” contará cun orzamento de 232.400 euros, un 45% máis do que no pasado ano.

Máis información sobre a campaña da banca en La Voz de Galicia e no web da Mesa; sobre “Entre nós, en galego” en Vieiros e no noso tema

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Educación, Consellaría de Educación, Culturagalega...