Tonhito de Poi presentará nun mes un tema do seu primeiro disco en solitario

Con D de Disco

11/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Abandonou o seu traballo na televisión e deixou “Heredeiros da Crus” por buscar un traballo en solitario. Tonhito de Poi creou a súa nova banda que se chama igual ca el e, segundo fixo público nunha rolda de prensa, será un proxecto “ecoloxista, nacionalista, lusista, bíblico e musical”. O primeiro tema do seu novo disco coñecerase nun mes. O que xa se pode escoitar é “Entremares”,o último traballo de Alberto Conde, o pianista que aposta por unha renovación da música tradicional galega cunha linguaxe contemporáena. Con temas deste disco pecha este sábado o primeiro ciclo de Jazz Ibérico que se celebra en Pontevedra.

Máis información sobre o proxecto neste Faro de Vigo e sobre o traballo de Alberto Conde no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Jazz, Heredeiros da Crus, La Voz de Galicia...