Berrogüetto faise co premio da Crítica de Alemaña e Abe Rábade Trío recibe dous galardóns polo seu último disco

Premios con crítica

14/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A música galega anda de premio. Dunha banda porque a Asociación do Premio da Crítica Musical Alemá do Disco acaba de recoñecer o traballo do grupo Berrogüetto “10.0” como mellor produción do primeiro trimestre do 2007. Este disco fai parte da “Bestenlisten” (Lista dos mellores) que crea periodicamente esta asociación. Da outra, porque o último traballo do trío de Abe Rábade foi premiado con dous galardóns. Un foi o de mellor solista do Festival de Jazz da UNED de Melilla e ou outro foi o de mellor dico de jazz do 2006 por parte da revista “Cadernos de Jazz”.

Máis información sobre os premios de Berrogüetto no web da Asociación Premio da Crítica Musical Alemá do Disco e en La Voz de Galicia os premios para Abe Rábade Trío

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abe Rábade, Berrogüetto, Jazz, La Voz de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares