Os músicos de jazz do país únense para facer valer os seus intereses

Jazz asociado

22/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Ultimamente hai un rexurdir do jazz en Galicia. Sociedades, festivais e un público minoritario pero cada vez máis numeroso son bos indicadores deste fenómeno. O último exemplo tivo lugar onte en Vigo, onde se presentou a Asociación galega de músicos de jazz. Entre os seus obxectivos están promover actividades musicais deste estilo, facer de ponte entre os músicos e a administración e servir de altofalante das necesidades deste colectivo. O pianista ourensá Alberto Conde é o presidente dun colectivo que conta con membros como Alberto Somoza, Nani García, Abe Rábade ou Manuel Gutiérrez.

Máis información no Faro de Vigo e sobre o jazz no noso tema

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Vigo, Manuel Gutiérrez, Nani García...

Claves

Conceptos
Lugares